Embarcacións de museo navegan pola ría de Pontevedra

Sanxenxo
13 de marzo 2016

As primeiras unidades da frota 6mR en Galicia navegaron durante este fin de semana no Real Club Náutico de Sanxenxo nos que foron os primeiros adestramentos para conformar un circuíto nacional

O rey emérito Juan Carlos I navegando pola ría de Pontevedra
O rey emérito Juan Carlos I navegando pola ría de Pontevedra / Infosailing

As primeiras unidades da clase 6mR que xa se atopan en Galicia -Ian, Galant, Caprice, Alí Baba e Aída- celebraron durante esta fin de semana o seu primeiro adestramento no Real Club Náutico de Sanxenxo. Neste primeiro encontro participaron destacados regatistas do panorama nacional e internacional, como Pedro Campos, acompañados, todos eles, polo rei emérito Juan Carlos I.

A clase 6mR, unha embarcación digna de museo, é moi popular nos países nórdicos. No mar Báltico existen moitos seguidores a esta fórmula, cun potente circuíto e calendario de competición onde hai activas asociacións de salvaguardia e promoción deste tipo de reliquias.

"Xa chegaron varios barcos e cinco deles estiveron navegando esta fin de semana" comentaba Pedro Campos, presidente do club pontevedrés, consciente de que por diante a frota aínda ten moito traballo encima da mesa e é que queda elaborar un regulamento que sirva como base para a creación dun circuíto nacional cuxa primeira proba disputarase o próximo mes de abril no Real Club Náutico de Sanxenxo: "Agora a idea que temos é tomar contacto con eles para despois decidir aspectos relevantes do circuíto como o calendario, a organización, o numero de barcos que terá a frota" Ir avanzando neste sentido" apostilaba o cuntiense 15 veces campión do mundo.

O Rei Juan Carlos puido probar diferentes unidades -como o "Ian" e o "Galant"- e tras estes adestramentos compartiu as súas impresións sobre a clase con regatistas de talla nacional e internacional como Pedro Campos, Alberto Viejo, Laureano Wizner, Ib Andersen o Mauricio Sánchez-Bella.

Segundo Pedro Campos, o grao de implicación do monarca neste proxecto débese a que "el quería volver navegar despois da experiencia do pasado outono e ademais este tipo de barcos, no que vas sentado e suxeito, favorécelle".

As tripulacións que se deron cita no club pontevedrés durante o sábado e o domingo puideron gozar dunhas condicións meteorolóxicas perfectas para a navegación e os adestramentos na ría de Pontevedra serviron para poder gozar dunha frota que, segundo Campos, é "un luxo, un patrimonio cultural polo que xa se interesaron armadores tanto de dentro como de fóra de España. Cada barco ten a súa personalidade, a súa historia, o seu deseño, son diferentes; e é asombrosa a tecnoloxía que xa tiñan nesta época. Son verdadeiras obras de arte".