Emotivo funeral aniversario polos sete falecidos do accidente de autobús de Cerdedo

Cerdedo-Cotobade
23 de decembro 2023

Ao funeral, que estivo oficiado polo arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto Fernández, acudiron familiares das sete vítimas mortais dese tráxico sinistro. A misa, que estivo chea de momentos de emoción, serviu como recordo aos falecidos

Funeral aniversario polos sete falecidos no accidente de autobús de Cerdedo
Funeral aniversario polos sete falecidos no accidente de autobús de Cerdedo / EFE / Lavandeira Jr.

A igrexa parroquial de San Xoán Bautista de Cerdedo acolleu este venres o funeral aniversario polas sete persoas que faleceron no accidente de autobús ocorrido na Noiteboa de 2022 en Cerdedo-Cotobade.

Ao funeral, que estivo oficiado polo arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto Fernández, acudiron familiares das sete vítimas mortais dese tráxico sinistro.

A misa, que estivo chea de momentos de emoción, serviu como recordo aos falecidos, días antes de que se cumpra o aniversario desta traxedia.

Decenas de persoas, entre elas o alcalde do municipio, Jorge Cubela, arrouparon ás familias das vítimas, transmitíndolles a súa pesar e a "profunda dor" que, segundo o rexedor pontevedrés, aínda causa o recordo deste accidente en todo o municipio.

Xunto a el acudiron a este oficio os rexedores de Campo Lameiro e A Lama e varios cargos da Xunta de Galicia, entre eles as directoras xerais de Infraestruturas e Relacións Institucionais.