Hoxe comeza a funcionar o Centro de Información á Muller (CIM) de O Salnés.
ÿ un servizo de ámbito comarcal que está situado no edificio administrativo da rúa Ourense, en Cambados.
A avogada e a psicóloga encargadas de atender o servizo trasladaránse varios días á semana a Meis e a Ribadumia para evitar desprazamentos ás beneficiarias.
O centro tardou máis dun ano en abrirse por culpa da burocracia.
A homologación das instalacións, e unha complexa tramitación legal atrasou a súa posta en marcha o que obrigou a contratar unha asistencia técnica externa cando foi necesario dar cobertura ás mulleres que acudiron en busca de axuda.