En 2022 entrará en funcionamento o servizo da subestación eléctrica de tracción para o AVE en Tomeza

Pontevedra
15 de abril 2021

Adif Alta Velocidade adxudicou a Lantania, en unión temporal de empresas con Construcciones Instalación y Tracción, o subministro para poñer en marcha esta estación, que alimentará o Eixo Atlántico A Coruña-Vigo. O contrato ascende a seis millóns de euros destinados a equipar as actuais instalacións, que funcionan como centro de autotransformación intermedio

Subestación de Adif en Tomeza
Subestación de Adif en Tomeza / Grupo Lantania

Adif Alta Velocidade adxudicou a subministración dos equipos para poñer en marcha o servizo da subestación eléctrica de tracción na parroquia de Tomeza para alimentar o Eixo Atlántico A Coruña-Vigo á UTE (unión temporal de empresas) formada por Lantania con Construcciones Instalación e Tracción (CITRACC).

Actualmennte as instalacións funcionan como centro de autotransformación intermedio e pasará a realizar a función de subestación eléctrica de tracción nun prazo de 12 meses cun investimento de seis millóns de euros. Tamén se reconfigurarán os sistemas de control e a súa integración nos postos de mando.

O reequipamiento necesario da subestación de Tomeza inclúe elementos como interruptores, transformadores, autoválvulas, cableado, elementos de telemando e unidades de protección e control, cunha liña de alta tensión de conexión con Rede Eléctrica de España.

O servizo destinarase para o Eixo Atlántico de Alta Velocidade que cruza Galicia de norte a sur e que foi inaugurado en abril de 2015, cunha extensión de 155,6 quilómetros, rebaixando en case 22 quilómetros a distancia ferroviaria anterior.

O Grupo Lantania ten dimensión internacional e encárgase da construción de grandes infraestruturas de transporte, auga e enerxía cunha carteira de obra en curso que supera os 350 millóns de euros e activos de máis de 100 millóns. Entre outros traballos encárgase da conservación das pistas do Aeroporto Adolfo Suárez-Madrid Barallas ou da electrificación do primeiro tramo do AVE a Estremadura.