En bici ao Insti

Pontevedra
01 de maio 2014

"Ti tamén podes vir na bici á escola", é o lema dunha campaña municipal Instibici que pretende fomentar o uso das bicicletas entre os estudantes

Instibici pretende fomentar o uso da bicicleta entre os estudantes
Instibici pretende fomentar o uso da bicicleta entre os estudantes

"Ti tamén podes vir na bici á escola", é o lema dunha campaña municipal Instibici que pretende fomentar o uso das bicicletas entre os estudantes.

O concelleiro Miguel Filgueira reuniuse este mércores con representantes dos institutos da cidade e a Policía Local, co fin de implicar estas entidades. A iniciativa forma parte do programa Pontenbici, que inclúe charlas, concursos e exposicións así como unha pedalada prevista para o próximo 8 de maio.

O Instituto A Xunqueira II é un dos máis concienciados na aposta pola bicicleta, como demostran na exposición-concurso de carteis que acaban de inaugurar.