En Lourido sacan as navallas

Poio
05 de outubro 2013

Arrancou este sábado a primeira Festa dá exaltación da navalla en Lourido coa aspiración de repartir un millar de racións. A Asociación de Hosteleiros de Poio e o Concello de Poio organizan esta proposta novidosa para promover tanto esta zona do municipio coma un dos produtos que se extraen da ría

Arrancou este sábado a primeira Festa da exaltación da navalla en Lourido coa aspiración de repartir un millar de racións.

A Asociación de Hosteleiros de Poio e o Concello de Poio organizan esta proposta novidosa para promover tanto esta zona do municipio coma un dos produtos que se extraen da ría.

Ata a media noite deste sábado e durante a mañá do domingo os asistentes poderán saborear "a prezos populares" este molusco baixo tres formas de preparación: á prancha, en tortilla ou en empanada. Tamén hai polbo.

A carpa está instalada nas inmediacións de dous coñecidos restaurantes no paseo de Lourido.