Este luns reuníuse o Consello Municipal da Inmigración do Concello de Marín, un órgano de participación cidadá e carácter consultivo que traballa na consecución dun maior nivel de benestar, así como a autonomía e a integración social das persoas inmigrantes que vaian a establecerse a esta vila.
Nos puntos tratados na orde do día se informou sobre a poboación inmigrante actual no municipio, que a día de hoxe ascende a 866 persoas, do que máis do 66% son homes.
Os países de procedencia máis numerosa son Ghana con 277, seguido de Marrocos con 237 e Rusia con 46 persoas.
Cabe destacar que os inmigrantes que actualmente viven en Marín proveñen dun total de 49 países non comunitarios, máis 28 países comunitarios cun total de 194 persoas.
Tamén se informou dos plans, programas e proxectos desenvolvidos no ano en curso e no anterior dende os Servizos Sociais do Concello.