A parcela situada fronte ao Centro de Saúde de Marín, cedida por Invied ao Concello, converterase a próxima semana nun novo aparcamento público.
O venres, último día de abril, iniciáronse os labores de roza da leira e, ao longo desta semana, están a realizarse os traballos para arrombar o terreo de maneira que quede habilitado para o seu perfecto uso.
Sobre todo, está a prestarse atención ao reforzo dos muros para garantir a seguridade. A finais desta mesma semana realizaranse os traballos de formigonado.
Serán 40 novas prazas de aparcamento, ao unirse tres parcelas cedidas polo organismo estatal, segundo o goberno local. Con elas tentarase ofrecer unha solución á demanda de zonas de estacionamento nas proximidades do centro asistencial.