ENCE presenta ao Concello o proxecto de integración paisaxística da súa fábrica de Lourizán

Pontevedra
18 de agosto 2017

A pasteira entregou o xoves ao Concello unha copia do proxecto técnico de integración paisaxística que ten previsto levar a cabo no complexo industrial pontevedrés

Fábrica de Ence
Fábrica de Ence / Mónica Patxot

A empresa Ence presentou este xoves ao Concello de Pontevedra o proxecto técnico de integración paisaxística que ten previsto realizar no complexo industrial de Lourizán.

Segundo explicou a pasteira nun comunicado, entre as mellores viasuales previstas, o proxecto dotará aos edificios máis visibles do conxunto industrial dunhas envolventes que, debido ás súas formas, elaboración e tons cromáticos, permitirán lograr a integración do centro de operacións na súa contorna.

Ence asegura que dará a coñecer proximamente o nome das empresas que executarán as obras de entre as seis participantes no concurso organizado pola compañía.

O estudo de arquitectos Orts e Trullenque foi o gañador do concurso internacional que organizou Ence para defenir o proxecto de integración paisaxística, no que tamén participaron o despacho Santos y Mera e varias empresas de enxeñería e servizos, ademais de persoal técnico da propia fábrica.