ENCE ten que ir "máis alá da propia fábrica" na súa implicación con Pontevedra, segundo Rueda

Pontevedra
04 de abril 2016

Á Xunta non lle basta co emprego e a actividade económica que xera Ence co seu complexo industrial en Lourizán. Así o sinalou este luns o vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda, que reclamou á empresa pasteira que se implique "moitísimo máis" na xeración de riqueza da comarca de Pontevedra

Alfonso Rueda
Alfonso Rueda / Mónica Patxot

Á Xunta non lle basta co emprego e a actividade económica que xera Ence co seu complexo industrial en Lourizán. Así o sinalou este luns o vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda, que reclamou á empresa pasteira que se implique "moitísimo máis" na xeración de riqueza da comarca de Pontevedra.

Tras a prórroga concedida polo Goberno en funcións, Rueda entende que Ence "non se pode quedar nada máis que na continuidade da súa actividade", cos investimentos anunciados pola compañía para a mellora tecnolóxica e de redución do impacto paisaxístico.

O vicepresidente da Xunta insistiu en que a empresa pasteira "ten que ter claro" que debe contribuír "máis alá dá propia fábrica" á creación de emprego e ao establecemento de industrias complementarias que "cren ese emprego e esa riqueza".

O complexo industrial de Lourizán "é certo que garante moito emprego", pero a Xunta entende que non é suficiente, polo que "estaremos pendentes" de que asuma ese compromiso.

A este respecto, Rueda sinalou que chegado o momento "facilitaremos" os trámites para a instalación en Lourizán da planta de biomasa concedida polo Goberno a Ence, a condición de que respecten a normativa vixente.

Arquivado en