Ence Terra, iniciativa promovida por Ence e que integra a toda a súa actividade forestal, continúa a avanzar no seu plan de investimento e mellora dos parques de madeira nas biofábricas de Pontevedra e Navia. O obxectivo principal do conxunto de actuacións, na que a compañía investiu máis dun millón de euros, é mellorar a experiencia diaria e a seguridade dos transportistas, operarios e colaboradores que utilizan as instalacións de recepción de madeira e biomasa.
Actuacións na biofábrica de Pontevedra
Na biofábrica de Pontevedra, despois dun proceso de mellora das vías de tránsito, instalouse unha nova caseta de espera para transportistas, reforzouse a sinalización e púxose en marcha un sistema de información cunha pantalla de grandes dimensións a través da cal se proporciona información relevante para os transportistas.
En Pontevedra tamén se realizou a instalación de intercomunicadores bidireccionais, que facilitarán a comunicación entre condutores e operarios do parque de madeiras, e finalizáronse outras actuacións clave, como a sinalización luminosa e a instalación de sinais fixos.
Actuacións na biofábrica de Navia
Na biofábrica de Navia ademais de renovar o firme dos viarios, levouse a cabo o recheo de grandes illas de almacenamento, o que permite un mellor uso de zonas até agora vulnerables ás choivas. Ademais, instalouse unha pantalla informativa que ofrece mensaxes en tempo real sobre o parque de madeiras e outras mensaxes relevantes.
Doutra banda, tamén nas instalacións de Navia, están a implantarse novas tecnoloxías que permitan realizar tarefas antes realizadas de forma manual, como é o caso da limpeza das plataformas. Co novo sistema automático de máquinas de soprado, mellóranse tanto as condicións de seguridade como a operatividade dos transportistas.
Compromiso co sector forestal
Estes investimentos responden a necesidades operativas e supoñen unha mellora da experiencia dos usuarios do parque. A localización de servizos como pantallas informativas e casetas para transportistas garanten unha mellora na coordinación das operacións, tendo en conta os tanto os fluxos de tráfico como as necesidades dos usuarios. Deste xeito, cada unha destas melloras está pensada para facilitar o traballo diario dos colaboradores de Ence Terra: a súa seguridade, comodidade e acceso a información clara son prioridades en cada decisión que toma a compañía.
Con estas actuacións, Ence Terra reafirma o seu compromiso co desenvolvemento dun sector forestal moderno, eficiente e sostible. Como aliado estratéxico do sector, Ence Terra continúa apostando por solucións reais que promoven a estabilidade, a rendibilidade e o desenvolvemento do medio rural.