Encontro cos veciños de Monte Porreiro para explicarlles o funcionamento dos tres primeiros composteiros comunitarios

Pontevedra
11 de xuño 2016

A Concellaría de Servizos manterá o luns, 20 de xuño, unha xuntanza coa Asociación de veciños de Monte Porreiro “O Mirador” e con todos os veciños que asinaron para participar no proxecto dos composterios comunitarios no barrio para informar do proxecto detenidamente

Vista aérea do barrio de Monte Porreiro

A Concellaría de Servizos manterá o luns, 20 de xuño, unha xuntanza coa asociación de veciños de Monte Porreiro "O Mirador" e con todos os veciños que asinaron para participar no proxecto dos composteiros comunitarios no barrio para informar do proxecto detenidamente, explicar o calendario para a súa posta en marcha e outras as pautas a seguir neste novidoso sistema. A reunión será a partir das 21.00 horas no Centro de Cultura de Monte Porreiro.

"O Mirador" convocatorá a todos os veciños involucrados e ao encontro asistirá a concelleira de Servizos, Carme da Silva, así como os mestres composteiros que se encargarán de aplicar o proxecto. "O Mirador" foi unha das asociacións máis activas no apoio do novo sistema de tratamento de lixo, polo que o Concello mirou para Monte Porreiro para pór en marcha o proxecto Revitaliza da Deputación de instalación de composteiros comunitarios.

A reunión será a partir das 21.00 horas no Centro de Cultura de Monte Porreiro

Previamente, a semana que vén, un mestre composteiro fará visitas personalizadas aos veciños e establecementos que se comprometeron a participar no proxecto para explicarlles como se fará o tratamento dos residuos orgánicos.

Como xa anunciou a concelleira de Servizos, Carme da Silva o barrio de Monte Porreiro contará con composteiros comunitarios antes de fin de mes. Nesta semana iniciou a obra civil para instalar os tres primeiros puntos de compostaxe comunitaria na praza de Europa, na rúa Italia e na rúa Alemania incluídos dentro do Plan Revitaliza. Cada un terá cinco módulos.

Paralelamente o Concello tramita o prego de condicións para mercar composteiros comunitarios que se despregarán en Monte Porreiro e en Campolongo. Cun orzamento de 130.000 euros, instalaranse 204 módulos de compostaxe en 33 puntos en Monte Porriro e 105 módulos en Campolongo. O despregue comezará á volta do verán.