Enrique Sotelo despídese do Arquivo Municipal tras máis de 35 anos de servizo

Pontevedra
09 de decembro 2020

Enrique Sotelo foi o arquiveiro municipal en Pontevedra durante máis de 35 anos. Xubilouse o pasado mes de maio. Seis meses despois vén de ser despedido oficialmente polo Concello. Foi nunha recepción oficial na que participou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores

Recepción a Enrique Sotelo con motivo da súa xubilación
Recepción a Enrique Sotelo con motivo da súa xubilación / Mónica Patxot

Enrique Sotelo foi o arquiveiro municipal en Pontevedra durante máis de 35 anos. Xubilouse o pasado mes de maio. Seis meses despois vén de ser despedido oficialmente polo Concello.

Foi nunha recepción oficial na que participou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que lle agradeceu o traballo realizado á fronte do Arquivo Municipal e trasladoulle os seus mellores desexos na nova etapa vital que acaba de iniciar.

Esta despedida foi atrasada por cuestións relacionadas coa covid-19 e as restricións derivadas da pandemia.

Nela, xunto o alcalde, tamén estiveron o director xeral da Alcaldía, Xosé Manuel Tato, a arquiveira interina, Paula Boullosa, e a adxunta á xefatura de servizo, Margarita Veiga.