"A cociña gourmet en conserva" regresa ás aulas do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza. Alumnos e profesores preséntannos unha ensalada chea de cor, na que combinan ingredientes collidos na propia horta do centro con tres produtos gourmet de Conservas Pescamar.
O resultado é unha ensalada espectacular "moi primaveral, refrescante e vistosa", como nos indican desde a cociña do centro. Herbas aromáticas, leitugas e flores comestibles acompañan tres produtos da gama gourmet de Conservas Pescamar: mexillóns en escabeche, zamburiñas e ventrechas de bonito do norte.
Para preparar esta deliciosa Ensalada "Horta Oroza" con trío de conservas gourmet Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:
- Leituga variada (1 cogollo)
- Aceda (4 follas)
- Taxete (4 follas)
- 1 cebola vermella
- 4 espárragos trigueiros
- Brizos (2 - 4 cogollos)
- 1 tomate cereixa
- Rúcola de folla fina
- Acelga amarela e acelga rosa
- 2 raviños
- 2 brotes de mostaza
- 2 flores de romeu
- 2 capuchinas
- 1 prímula rosa e unha prímula laranxa
- Ventrecha de bonito do norte gourmet de Conservas Pescamar (4 pezas da lata)
- Mexillóns en escabeche gourmet Pescamar (4 pezas da lata)
- Zamburiñas gourmet Pescamar (4 pezas da lata)
Elaboración:
Lavamos e desinfectamos as verduras.
Cortamos a cebola vermella en xuliana, os tomates cereixa en cuarteiróns e os raviños en rodas.
Cocemos os espárragos trigueiros un minuto.
Colocamos de xeito harmonioso os ingredientes da ensalada.
Aliñamos cunha cullerada de aceite da ventrecha de bonito do norte gourmet de Conservas Pescamar, unha cullerada do escabeche dos mexillóns gourmet Pescamar e unas pingas da salsa das zamburiñas gourmet Pescamar que acompañan a cada produto na lata correspondente.
Presentación:
Faise unha ensalada partindo do centro do prato, en circunferencias cara ao exterior, dando volume no centro da ensalada e decorando ao gusto.
En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar e, nun mes, coa proposta dos alumnos e profesores do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza.