Entran en garaxes de cinco rúas distintas da Parda e O Gorgullón na mesma noite e rouban en 20 coches

Pontevedra
25 de xuño 2013

Os edificios afectados están distribuídos na rúa Gorgullón, Lagares, A Estrada, Conde Bugallal e Rúa dous Soutos,a razón dun por rúa. En ningún os delincuentes forzaron a porta para entrar. Unha vez no interior, tras fracturar a xanela dianteira (a dereita nuns casos e a esquerda noutros), revolveron os coches e leváronse o que encontraron, case todo obxectos de escaso valor económico

A madrugada do sábado ao domingo foi moi movida nas zonas da Parda e O Gorgullón de Pontevedra. Segundo ten constacia a Policía Nacional, durante a noite entraron a roubar en cinco garaxes doutras tantas rúas distintas e causaron danos e roubaron nunha vintena de vehículos.

A Policía Científica xa analizou e recolleu probas nos cinco garaxes afectados e agora está aberta unha investigación que intentará determinar se os cinco garaxes foron vítimas dun mesmo ladrón ou banda de ladróns ou se os roubos teñen distinta asina.

Á vista de que en todos coincide o modus operandi e de que coincidiron na mesma madrugada, a hipótese que cobra máis forza é que non houbo un só autor senón varios, pero todos dun mesmo grupo, e que actuaron estes nos cinco garaxes.

Os garaxes afectados están distribuídos na rúa Gorgullón e no barrio da Parda nas rúas Lagares, A Estrada, Conde Bugallal e Rúa dos Soutos. Houbo un por rúa e en ningún deles os delincuentes forzaron a porta ou portalóns para entrar.

Unha vez no interior, a forma de actuar foi a mesma. Tras fracturar a xanela dianteira (a dereita nuns casos e a esquerda noutros), os ladróns revolveron os coches e leváronse o que se encontraban por diante. Con tan mala sorte para eles que apenas se encontraron obxectos de valor.

Segundo as fontes consultadas, non todos os veciños afectados acudiron xa á Comisaría para presentar denuncia, pero dos que si o fixeron o obxecto máis valioso subtraído foi un GPS. Unha chave USB ou distintos CD son os outros botíns.

A Policía Nacional tivo a primeira noticia desta quenda de roubos en garaxes ás 7.45 horas da mañá do domingo 23 de xuño. Un veciño chegou a recoller o seu vehículo e encontrouse con que tiña a xanela do copiloto roto e o interior estaba revolto.

A Policía Científica dirixiuse ao lugar e xa tivo actividade o resto da mañá, pois se recibiron novas chamadas de alerta ás 10.30, as 10.40 ou as 11.00 horas da mañá. Non lograron localizar a todos os donos da vintena de vehículos afectados, pero aos que non encontraron en cada deixáronlles aviso para que acudana á Comisaría a presentar a correspondente denuncia. Os axentes si recolleron probas xa de todos os coches danados.