Entre 20 e 25 millóns de quilos de uva, previsión para a vendima na D.O. Rías Baixas

O Salnés
27 de setembro 2014

Os traballos, que xa se iniciaran nalgunhas zonas, intensifícanse coinciciendo coa fin de semana. O estado sanitario da uva á súa entrada nas adegas é bo, segundo destaca o Consello Regulador

Vendima en zonas da D.O. Rías Baixas
Vendima en zonas da D.O. Rías Baixas /

Todas as adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas iniciaron a vendima coincidindo coa fin de semana.

Aínda que os traballos se iniciaran durante a semana, a recollida da uva intensifícase estes días nunha campaña na que se espera recoller entre 20 e 25 millóns de quilos de uva, segundo os datos trasladados polo Consello Regulador.

O estado sanitario da uva á súa entrada nas adegas é bo, destacan, pero as previsións non se poden "concretar máis debido ás diferenzas existentes nas máis de 23.000 parcelas que integran esta denominación", explicou Agustín Lago, director técnico do ÿrgano de Control e Certificación do CRDO Rías Baixas.

A mediados de semana eran xa sete os millóns de quilos de uva vendimados nunha campaña que conta con 62 auditores verificando que se cumpren os requisitos establecidos no manual de calidade do Consello Regulador.