Entrega de chaveiros en Marín contra a violencia de xénero

Marín
20 de novembro 2014

A alcaldesa María Ramallo, acompañada por representantes do Consello Municipal da Muller ,fixeron entrega no Mercado Municipal do material elaborada para a conmemoración do 25 de novembro

Repartición de material contra a violencia de xénero en Marín
Repartición de material contra a violencia de xénero en Marín

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, acompañada da concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín e de representantes do Consello Municipal da Muller, fixeron entrega durante este xoves de material elaborado para a conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Esta iniciativa pretende sensibilizar e previr contra esta eiva social para o que se repartiron máis de 1.000 chaveiros, xunto cun programa dos actos conmemorativos deste ano, que inclúen a campaña Mans Violetas polos centros educativos e comercios de Marín.

O 25 de novembro ás 13.00 horas, no Salón de Plenos do Concello levarase a cabo a entrega dos Premios Lazo Violeta que nesta edición recaen no Estamento Xudicial e a Avogacía, como recoñecemento polo seu labor profesional na loita contra a violencia de xénero.

O 28 de novembro tamén se representará a obra de teatro Tacóns na Corda no Instituto Illa de Tambo dentro dos actos previstos dentro desta campaña. Tamén no Museo Municipal 'Manuel Torres' permanecerá aberta do 2 ao 15 de decembro a exposición 'Cartas de Amor: 14 artistas contra a Violencia de Xénero'.