Entrega do lote de libros do Día das Bibliotecas en Bueu

Bueu
27 de outubro 2020

A veciña bueuesa Montserrat Torres Otero fíxose co lote de libros do sorteo organizado polo Concello de Bueu con motivo do Día das Bibliotecas. A gañadora lévase cinco títulos sobre a historia da vila e algúns dos últimos gañadores do Premio Johán Carballeira de Poesía, que impulsa o Concello de Bueu

Entrega do lote de libros do sorteo do Día das Bibliotecas en Bueu Concello de Bueu

A veciña bueuesa Montserrat Torres Otero fíxose co lote de libros do sorteo organizado polo Concello de Bueu con motivo do Día das Bibliotecas, que se celebrou o pasado 24 de outubro.

O concelleiro de Patrimonio, Arquivo e Bibliotecas, Alberto Moital, foi o encargado de entregarlle o paquete composto por cinco libros nun pequeno acto que tivo lugar este martes no salón de plenos da Casa Consistorial.

Dadas as actuais circunstancias provocadas pola covid-19, o Concello puxo en marcha durante toda a semana pasada unha campaña en liña, a través da cal as persoas debían cubrir un formulario na web con preguntas arredor das bibliotecas, e na que se contabilizaron trinta e seis participantes.

A gañadora leva para a súa casa cinco títulos sobre a historia da vila e algúns dos últimos gañadores do Premio Johán Carballeira de Poesía, que impulsa o Concello de Bueu.