Entregan a Esperanza Salnés o diñeiro recadado na Milla Urbana de Sanxenxo

Sanxenxo
12 de setembro 2021

Un total de 646 euros que se irán para as arcas dun colectivo que atende na actualidade a 17 nenos con discapacidade física ou intelectual da comarca.

Isabel Baliñas, Daniel Arosa e Augusto Chaves
Isabel Baliñas, Daniel Arosa e Augusto Chaves / Concello de Sanxenxo

A presidenta de Esperanza Salnés, Isabel  Baliñas, acompañada do xerente Augusto  Chaves recolleu de mans do concelleiro de Deportes, Daniel Arousa, o donativo recadado na Milla Urbana de Sanxenxo. Un total de 646 euros que se irán para as arcas dun colectivo que atende na actualidade a 17 nenos con discapacidade física ou intelectual da comarca. 

"É un gran de area por todo o bo traballo que facedes e agardamos que en vindeiras edicións poidase incrementar esta axuda", expuxo Daniel Arousa.

Chaves agradeceu o resultado da proba benéfica e o "xesto solidario" de Sanxenxo. "Toda axuda é boa e esta vainos permitir chegar ao mes de decembro con maior folgura. Logo o seu futuro aínda está por decidir", indicou.

Na mesma liña, animou ao resto de concellos que non están a colaborar con Esperanza Salnés a que se somen a este tipo de iniciativas. 

Baliñas explicou que o colectivo realiza terapias de 45 minutos individualizadas con cada neno desde os 2 ata os 18 anos. "Os profesionais do centro fan un traballo inmenso e nenos que chega neno que non marcha. O trato das terapeutas é fantástico", dixo.