Unha das xornadas grandes do Entroido de Cobres, a que tradicionalmente se celebra o martes de Entroido, volveu a atraer centos de persoas ata a chaira de Riomaior.
Durante todo o día, unha intensa programación lúdica e festiva animou aos asistentes que, como non podía ser doutro xeito, gozaron cos bailes dos ancestrais madamas e galáns.
Tras tres días percorrendo todos os lugares e parroquias do municipio, ata trinta e cinco parellas de danzantes, de todo tipo de idades, ofreceron os seus últimos bailes do ano ante o seu público.
A parte lúdica da festa contou cos seus tradicionais xogos populares, que se desenvolveron nas inmediacións da Casa da Cultura.
Así, doce mozos e mozas rivalizaron por facerse co 'galo no río', que puxo a proba a destreza dos participantes para evitar caer ao río. A que o conseguiu este ano foi Desirée González.
Pola súa banda, Antón García foi o gañador entre os que optaron por participar no 'galo na vara', tras subir máis que ninguén polo poste.
Non faltou tampoco a habitual Corrida do Galo, un animal que acabou queimado ao final da xornada, despois de que Leti da Taberna, a popular creadora de contido nas redes, lera o testamento do homenaxeado.
No seu papel de predicadora repasou toda a actualidade de Vilaboa, facendo mofa do número de rotondas que deixou no municipio o macronó da A-57 ou convidando ao alcalde a inaugurar o futuro auditorio ao aire libre de Figueirido cunha actuación súa.
A festa, que estivo conducida por Isi, presentador da TVG, incluíu tamén o concurso de disfraces infantil e unha sorpresa preparada con moito agarimo pola Asociación Cultural Cobres e por toda a familia que forma o Entroido de Cobres.
Foi coa presentación do seu Himno de Cobres, que foi seguido nas pantallas xigantes instaladas no recinto polas máis de 3.000 persoas que participaron no día grande da festa.
Inspirado na peza do centenario do Celta, o videoclip parte da base da Oliveira dos cen anos, coa autorización do seu autor C. Tangana.
Utilizando escenarios de Vilaboa, como As Salinas, o Forno do Cal, o parque de Riomaior ou as bateas próximas ao litoral de Vilaboa, a Asociación Cultural Cobres adaptou a letra para transmitir a forte vinculación da veciñanza deste entorno co seu entroido.

Entroido de Cobres 2025

Entroido de Cobres 2025

Entroido de Cobres 2025

Entroido de Cobres 2025

Entroido de Cobres 2025

Entroido de Cobres 2025

Entroido de Cobres 2025

Entroido de Cobres 2025

Entroido de Cobres 2025

Entroido de Cobres 2025

Entroido de Cobres 2025

Entroido de Cobres 2025

Entroido de Cobres 2025

Entroido de Cobres 2025

Entroido de Cobres 2025

Entroido de Cobres 2025

Entroido de Cobres 2025
