Envían novo material de protección ante o coronavirus a 65 centros sociais de Pontevedra

Pontevedra
09 de abril 2020

En conxunto, segundo informa o goberno galego, foron 25.200 luvas, 36.200 máscaras cirúrxicas e 46 batas plásticas, así como diverso material de limpeza e desinfección como xel hidroalcohólico ou garrafas de desinfectante. Deste último envío queda pendente a entrega de 2.100 calzas e 700 gorros

Reparto de material contra o coronavirus
Reparto de material contra o coronavirus / Xunta de Galicia

Un total de 65 centros sociais da área territorial de Pontevedra recibiron case 65.000 novas unidades de material de protección ante o coronavirus, remitidas pola Xunta de Galicia.

En conxunto, segundo informa o goberno galego, foron 25.200 luvas, 36.200 máscaras cirúrxicas e 46 batas plásticas, así como diverso material de limpeza e desinfección como xel hidroalcohólico ou garrafas de desinfectante.

Deste último envío queda pendente a entrega de 2.100 calzas e 700 gorros.

A administración autonómica asegura que todo o material entregado, cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.

Este envío súmase ao enviado a pasada semana, cando se entregaron un total de 68.190 unidades de material de protección con destino a estes mesmos centros.