Vinte e sete integrantes da 127 promoción de enxeñeiros de montes da Politécnica de Madrid percorreron este luns as instalacións da Escola de Enxeñaría Forestal, no marco da estadía que desenvolven nestes días en Galicia.
Este profesionais tituláronse en 1984, cando a de Madrid era a única universidade española na que se impartían estes estudos.
No marco da estadía que cada ano realizan en diferentes puntos de España, o grupo do que forman parte directivos de diferentes empresas ou responsables de institucións visitou este luns o centro do campus pontevedrés, onde foron recibidos pola súa directora, Ángeles Cancela.
A continuación, realizaron un percorrido dirixido a coñecer o labor docente e investigador que se leva a cabo no centro, que levounos a visitar a xiloteca, o laboratorio e planta piloto de xiloenerxía e os talleres de madeira, así como a asistir a unha demostración de traballo con drons.
Este grupo de profesionais visitou tamén nesta xornada o Centro de Investigación Forestal e o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán.