Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais no suceso que tivo lugar en Marín na tarde deste mércores.
A cornixa dun edificio desprendeuse da fachada esborrallándose á vía pública xusto diante da porta dun supermercado Gadis.
O supermercado ten a súa entrada na esquina das rúas da Estrada e a Rúa Méndez Núñez, nas proximidades da Casa do concello e a sede dos xulgados.
Os servizos de emerxencia procederon a acordoar a zona para evitar o paso de transeúntes ante a posibilidade de que poidan caer novos elementos da fachada.