Escolares de Caldas celebran o Día da Árbore cunha plantación

Umia
22 de marzo 2025

Alumnado do IES Aquis Celenis e do CEIP San Clemente de César participaron nos traballos de plantación de 100 exemplares de diferentes especies

Escolares de Caldas de Reis celebran o Día da Árbore
Escolares de Caldas de Reis celebran o Día da Árbore / Concello de Caldas de Reis

O Día Internacional Forestal, tamén chamado Día da Árbore, celebrouse en Caldas de Reis da mellor maneira, con traballo de campo.

Alumnos do IES Aquis Celenis e do CEIP San Clemente de César participaron nunha xornada de plantación con motivo desta conmemoración.

A actividade tivo que adiantarse uns días debido ás predicións meteorolóxicas.

Alló estiveron tamén o alcalde Jacobo Pérez, e o concelleiro responsable da área de Medio Ambiente, Juan Carlos Ortigueira.

Foi unha xornada desenvolvida en colaboración das comunidades de montes do municipio, contou coa presenza de axentes rurais e supuxo a plantación dun cento de novos exemplares.

En concreto procedeuse á plantación de madroños, castiñeiros, cerdeiras e nogueiras.

Unha actividade que "non só serve para continuar concienciado ás futuras xeracións da necesidade de respectar o medio ambiente, senón que tamén é unha actuación que axuda a potenciar o pulmón verde de Caldas de Reis", afirmou o alcalde.

O Día da Árbore comezou a conmemorarse en Caldas de Reis a principios dos 2.000, colaborando activamente na reforestación de diversas zonas do municipio.