A Garda Civil de Pontevedra realizará o vindeiro luns, 8 de maio, unha exhibición de medios na área deportiva de Chan da Barcia, en Ponte Caldelas.
Trátase dun completo desplegue que se poderá visitar entre as 10.00 e as 13.00 horas e que está aberto á veciñanza.
Contará, ademais, coa participación do alumnado dos centros de educación infantil e primaria de Ponte Caldelas (CEIP Manuel Cordo Boullosa e CEIP Plurilingüe A Reigosa) e de Fornelos de Montes (CEIP Doutor Suárez)
Está previsto que participe o Grupo de Especialistas en Desactivación de Artefactos Explosivos (GEDEX), a Unidade Pegaso con drons, o persoal de criminalística, con probas de laboratorio e toma de huellas, o equipo GRS cos traxes de loita bacteriolóxica e química, o helicóptero da Garda Civil (que aterrará en Chan da Barcia) o Seprona, o Subsector de Tráfico e a Unidade de Seguridade Ciudadana (USECI).