Escolares do San José protagonizan a primeira visita ao Concello desde o estalido da pandemia

Pontevedra
09 de decembro 2021

Unha vintena de alumnos e alumnas do cuarto curso de Educación Primaria foron recibidos polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, que lles explicou o funcionamento do Concello

Escolares do colexio San José, recibidos no Concello de Pontevedra polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores
Escolares do colexio San José, recibidos no Concello de Pontevedra polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores / Mónica Patxot

As visitas de escolares ao Concello están de volta. Alumnos e alumnas de cuarto de Educación Primaria do colexio San José descubriron este xoves o funcionamento do Concello de Pontevedra da man do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, que compartiu varios minutos cos estudantes e resolveulle todas as dúbidas e curiosidades que tiñan sobre o funcionamento da institución.

Trátase da primeira visita destas características que se celebra desde o estalido da pandemia, que obrigou a suspender esta tradición durante case dous anos.

Na sala de reunións do segundo piso do consistorio, o rexedor pontevedrés explicou aos alumnos como se goberna unha cidade, como se elixen aos concelleiros ou as funcións que teñen cada un dos edís, entre outras moitas preguntas que, un a un, foron realizando os preto de vinte alumnos que visitaron "a casa de todos vos pontevedreses e pontevedresas".