Escuma polos catro custados da Pedreira para festexar o inicio de curso

Pontevedra
12 de setembro 2023

A tradicional festa da escuma na Praza da Pedreira puxo en broche de ouro á gran festa de volta ao cole que organizou o Centro Comercial Zona Monumental. Decenas de nenos e nenas gozaron dunha tarde de xogos e diversión para axudarlles a levar o mellor posible o final das vacacións de verán 

Festa da escuma na Pedreira pola volta ao cole
Festa da escuma na Pedreira pola volta ao cole / Mónica Patxot

A tradicional festa da escuma na Praza da Pedreira puxo en broche de ouro á gran festa de volta ao cole que organizou este luns o Centro Comercial Zona Monumental.

Decenas de nenos e nenas gozaron dunha tarde de xogos e diversión para axudarlles a levar o mellor posible o final das vacacións de verán e o regreso ás aulas.

A festa da escuma estivo amenizada pola música dunha DJ.

Ademais, noutros enclaves do centro histórico tamén houbo outras actividades.

Así, en Curros Enríquez elaboraron un mural de arte colaborativa e se instalou un rocódromo de 8 metros, en Méndez Núñez un obradoiro de pinta caras e unha 'bebeteca', en Valentín García Escudero un obradoiro de manualidades e na rúa Serra un futbolín humano e un crocodilo inchable.