Ese día no que educación viaria e diversión teñen cita no Pazo

Pontevedra
12 de xuño 2018

A campaña escolar de educación e seguridade viaria que cada ano pon en marcha a Policía Local de Pontevedra volveu a chegar a fin e, como xa é habitual, o peche chegou cargado de diversión cun acto no Pazo da Cultura ao que asistiron centos de escolares e docentes de varios centros educativos 

Acto de peche da campaña de educación viaria da Policía Local de Pontevedra 2017/18
Acto de peche da campaña de educación viaria da Policía Local de Pontevedra 2017/18 / Alejandro Vila

A campaña escolar de educación e seguridade viaria que cada ano pon en marcha a Policía Local de Pontevedra volveu a chegar a fin e, como xa é habitual, o peche chegou cargado de diversión cun acto no Pazo da Cultura ao que asistiron centos de escolares e docentes de varios centros educativos do municipio que participan no programa. 

No Pazo da Cultura déronse cita participantes nesta edición do curso 2017/2018 da campaña educativa e cobraron especial protagonismo os gañadores das diversas iniciativas e concursos de debuxo e redacción de cartas que promoveu a concellería de Protección Cidadá. 

O agasallo estrela foi unha bicicleta, coa que os gañadores poderán demostrar que asimilaron os coñecementos que recibiron nas sesións de formación teórica e práctica que recibiron tanto como peóns como na súa faceta de ciclistas ou, no día de mañá, como  condutores. 

A Policía Local de Pontevedra leva máis de vinte anos promovendo campañas de educación viaria fundamentalmente para escolares de primaria, como é o caso dos que acudiron á cita deste martes, pero tamén doutras idades entre os 3 anos e a vida adulta. 

O acto incluíu diversión, música e animación e un espírito participativo que implicou a escolares e policías, entre eles, o  intendente xefe da Policía Local, Daniel  Macenlle