Os sindicatos Comisións Obreiras e CIG-Saúde convocaron este mércores dúas concentracións ás portas dos Hospitais Provincial e Montecelo para esixir a cobertura por Oferta Pública de Emprego (OPE) das máis de 4.000 vacantes por xubilación e a fin dos contratos por días e horas no Sergas
Xunto a isto esixiron que a contratación sexa nominal atendendo ao principio de causalidade, a supresión da taxa de reposición e que a convocatoria de OPE atinxa ao 100% das máis de 4.000 prazas que quedaron vacantes por xubilación en todas as categorías.
Tanto CC.OO coma a CIG rexeitan a precariedade que provoca a contratación por horas en función dos picos de actividade habituais no traballo diario ordinario.