Ao redor das 17.00 horas, as patrullas que participan na edición deste ano do Concurso entre Tui e Santiago chegaban a Pontevedra. Tras percorrer ao redor de 45 quilómetros nun período de 7 horas, os militares realizaron diferentes probas como o tiro de precisión, paso de pista de obstáculos, rápel voado na ponte de Monte Porreiro e unha proba de natación consistente en cruzar o río Lérez.
Tras o seu paso por Pontevedra, os participantes continuaron o Camiño Portugués de Santiago realizando outras probas ao longo de 120 quilómetros.
Ademais de militares da Brilat do cuartel de Figueirido, nesta edición formaron parte da proba a Brigada Infantería Mecanizada Guzmán el Bueno X de Córdoba, a BRIAC XI, a Agrupación de Apoio loxístico número 61 de Valladolid, o Terzo Norte da Armada de Ferrol, o Exercito do Aire e o Rexemento de Infantería Tenerife número 49 de Tenerife.