Espectáculo no concurso de patrullas da Brilat ao seu paso por Pontevedra

Pontevedra
26 de abril 2018

As patrullas tomaban a saída este mércores en Tui e, tras percorrer 45 quilómetros en 7 horas ata a súa chegada a Pontevedra, continuaron a súa traxectoria a través do Camiño Portugués ata Santiago de Compostela

Concurso de patrullas da Brilat 2018 Mónica Patxot

Ao redor das 17.00 horas, as patrullas que participan na edición deste ano do Concurso entre Tui e Santiago chegaban a Pontevedra. Tras percorrer ao redor de 45 quilómetros nun período de 7 horas, os militares realizaron diferentes probas como o tiro de precisión, paso de pista de obstáculos, rápel voado na ponte de Monte Porreiro e unha proba de natación consistente en cruzar o río Lérez.

Tras o seu paso por Pontevedra, os participantes continuaron o Camiño Portugués de Santiago realizando outras probas ao longo de 120 quilómetros. 

Ademais de militares da Brilat do cuartel de Figueirido, nesta edición formaron parte da proba a Brigada Infantería Mecanizada Guzmán el Bueno X de Córdoba, a  BRIAC XI, a Agrupación de Apoio loxístico número 61 de Valladolid, o Terzo Norte da Armada de Ferrol, o Exercito do Aire e o Rexemento de Infantería Tenerife número 49 de Tenerife.