Espectáculo pirotécnico para poñer o broche de ouro ao primeiro día de festas 2018

Pontevedra
12 de agosto 2018

O pregón da xornalista María Varela abría ao mediodía deste sábado o día e a semana grande das festas da Peregrina 2018 e, doce horas despois, co cambio de xornada, chegaba o broche de ouro: un gran espectáculo pirotécnico desde o peirao das Corbaceiras

Espectáculo pirotécnico nas Corbaceiras para abrir as festas da Peregrina
Espectáculo pirotécnico nas Corbaceiras para abrir as festas da Peregrina / Diego Torrado

O pregón da xornalista de Diario de Pontevedra María Varela abría ao mediodía deste sábado o día e a semana grande das festas da Peregrina 2018 e, doce horas despois, co cambio de xornada, chegaba o broche de ouro: un gran espectáculo pirotécnico desde o peirao das Corbaceiras. Entre unha e outra cita, unha infinidade de actividades converteron este sábado 11 de agosto en pura festa. 

O broche de ouro desta primeira xornada das festas grandes da cidade foi igual de multitudinario que a práctica totalidade dos actos programados polo Concello e miles de persoas congregáronse nos arredores do peirao e nas rúas próximas a San Roque, a Alameda ou a autovía de Marín, entre outras moitas, para gozar dos xogos de luces. 

Para garantir que a tirada de fogos se desenvolvese con normalidade, a Policía Local de Pontevedra estableceu un operativo especial de seguridade que impediu a circulación de vehículos e persoas polo punto central do espectáculo.