Aínda que deixou a primeira liña da política en 2016, ninguén dúbida de que Esperanza Aguirre segue sendo unha figura moi popular en todo o país. Todo o que di, automaticamente, é noticia.
Terá a oportunidade de demostralo en Pontevedra. Até a Boa Vila viaxará, de man do Rotary Club, para presentar o seu novo libro, Una liberal en política (Editorial Deusto).
Será nun almorzo-coloquio que acollerá o Liceo Casino o vindeiro mércores 13 de novembro, ás 13:45 horas.
O cuberto ten un prezo de 40 euros, e parte da recadación destinarase a accións de Rotary Pontevedra na loita contra os malos tratos e o abuso infantil.
As reservas fanse a través do mail [email protected].
Durante este encontro, Aguirre compartirá a súa visión sobre a actualidade política e social.
Ademais, asinará exemplares do seu libro aos presentes.
O acto forma parte do ciclo de encontros que organiza o Rotary Club con destacadas personalidades do ámbito político, económico e social.
O obxectivo destas actividades é o de fomentar o diálogo e o intercambio de ideas.