Espina y Delfín avanza coas primeiras oito obras previstas en Sanxenxo

Sanxenxo
29 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

As obras de abastecemento e saneamento no rural comprometidas no novo contrato da auga asinado coa concesionaria Espina y Delfín avanzan e xa concluíron nove das obras de abastecemento e saneamento previstas nas sete parroquias a falta de que se proceda á súa pavimentación

Obras de Espina y Delfín en Barreiro
Obras de Espina y Delfín en Barreiro / Concello de Sanxenxo

As obras de abastecemento e saneamento no rural comprometidas no novo contrato da auga asinado coa concesionaria Espina y Delfín avanzan e xa concluíron nove das obras de abastecemento e saneamento previstas nas sete parroquias a falta de que se proceda á súa pavimentación. 

Trátase do saneamento en Poleiros (Adina) e Xuncablanca (Vilalonga), o abastecemento e saneamento en Altamira, a prolongación das redes de abastecemento e saneamento en Tombelo-Noalla, a ampliación da rede de saneamento en Iglesario-Vilalonga, a prolongación da rede de abastecemento e saneamento en Casal-Nantes, a rede de abastecemento en Reis e Barreiro, o abastecemento e saneamento en Pazos (Nantes), o saneamento de O Sear- Bordóns e o abastecemento en Rexenxo e Barreiro. 

Nas próximas semanas prevese o inicio das obras do saneamento en Pontes e de abastecemento en Lagarei e Padriñán.

O municipio ten un total de 16.900 vivendas das que 726 (4,3%) carecen de saneamento ou auga. A empresa concesionaria asumiu a realización de 80 actuacións valoradas en 11.963.798 euros. 

O contrato contempla a ampliación da rede de saneamento e auga, con 59 actuacións para dotar destes servizos ás 726 vivendas do rural que carecen de saneamento ou auga; unha segunda fase que contempla a renovación da rede principal existente con 14 actuacións para substituír tramos vellos e ampliar a capacidade das tubaxes; e unha terceira, con novas infraestruturas de abastecemento de auga con sete actuacións entre as que destaca a construción dun novo depósito de auga.

Estas actuacións xunto ás previstas no convenio con Acuaes, mellorarán a depuradora e os bombeos de augas residuais, e "converterán a Sanxenxo nun referente no tratamento e depuración das súas augas", segundo asegura o goberno local. En total realizarase un investimento de case 36 millóns de euros

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora