Esta Noitevella, toca 'esmorga online' de bar en bar de Pontevedra

Pontevedra
30 de decembro 2020

'Esmorga online'. Detrás deste título escóndese a proposta que o Local de Música de Pontevedra para pasar esta Noitevella na que as celebracións para recibir 2021 deberán ser na casa e en pequenos grupos familiares. Trátase dunha lista musical na aplicación Spotify que recolle todas as propostas de 13 locais de hostalería da cidade

'Esmorga online' do Local de Música de Pontevedra
'Esmorga online' do Local de Música de Pontevedra /

'Esmorga online'. Detrás deste título escóndese a proposta que o Local de Música de Pontevedra para pasar esta Noitevella na que as celebracións para recibir 2021 deberán ser na casa e en pequenos grupos familiares. Trátase dunha lista musical na aplicación Spotify que recolle todas as propostas do propio local e de locais de hostalería da cidade.

A proposta xurde da Concellaría de Xuventude, que dirixe Alberto Oubiña, e conta coa colaboración de 13 locais de hostalaría da cidade. Entre todos, crearon unha playlist con preto de 2.000 cancións, o que se corresponde cunhas 120 horas de música, que se poderá escoitar no Spotify do Local de Música.

O programa denomínase 'esmorga online' e, dentro do perfil de Spotify do Local, os usuarios poderán ir de bar en bar escoitando a selección de música que foi facilitando cada establecemento. A convocatoria continúa aberta para aqueles locais que desexen enviar a súa proposta. Poden facelo contactando co local de música no correo [email protected].

Os pontevedres poderán ir de local en local ata estes establecementos: