Estas son as medidas de tráfico para este sábado durante a celebración do Tríatlon Cidade de Pontevedra

Pontevedra
21 de xuño 2018

Este sábado 23 de xuño se levarán a cabo restricións á circulación de vehículos na contorna da ponte dos Tirantes con motivo da celebración deportiva, con prohibición de estacionar xa desde a noite do venres

Mobilidade circulatoria durante este sábado 23
Mobilidade circulatoria durante este sábado 23 /

A celebración da proba deportiva Tríatlon Cidade de Pontevedra provocará unha serie de medidas de restrición de circulación de tráfico e de estacionamento na contorna da ponte dos Tirantes.

RESTRICIÓNS Á CIRCULACIÓN

A partir das 17.00 horas do venres 22 non se poderá circular pola ponte dos Tirantes. O resto do circuíto quedará pechado a partir das 14.15 horas do sábado 23 de xuño. A avenida de Compostela limitarase ao acceso de vehículos de forma parcial e as rúas Alexandre Bóveda e Celso Emilio Ferreiro, no campus universitario, quedarán pechadas ao tráfico.

A apertura realizarase a partir das 21.00 horas, agás na ponte dos Tirantes que volverá ter actividade circulatoria ao redor das 23.30 horas do propio sábado.

ESTACIONAMENTO

As rúas Alexandre Bóveda, Celso Emilio Ferreiro e Avenida de Compostela (parcial) terán prohibido o estacionamento a partir das 22.00 horas do venres 22.

COINCIDENCIA COS  EXAMENES DE OPOSICIÓN DA XUNTA

Este sábado coincide con esta proba deportiva a celebración dos exames de oposición que convoca a Consellería de Educación no campus universitario

A Policía Local de Pontevedra ten previsto que accedan desde a ponte de Santiago ata a avenida de Compostela pola rampla que habitualmente é de saída do estacionamento. 

Quedará libre de restricións de mobilidade o estacionamento fronte ao Pavillón de Deportes.