Este martes 27 de xaneiro iniciaranse as obras de elevación de pasos de peóns na Avenida de Domingo Fontán e na rúa Padre Gaite co obxectivo de dotar de maior seguridade vial a esta zona.
As obras en Domingo Fontán darán comezo ás 9.15 horas, unha vez que finalice a entrada aos colexios. En principio, a Policía Local ten previsto limitar o paso cara a esa rúa a partir da rotonda da Ponte Das correntes.
Os traballos na rúa Padre Gaite iniciaranse ás 15.00 horas, tamén coa intención de realizar canles nese tramo e prohibirase o acceso directo dende a Avenida de Beiramar cara a Padre Gaite, á altura do colexio Manuel Vidal Portela.
Os desvíos que se realicen, segundo apuntan dende a Policía Local, estarán debidamente sinalizados.