Este mércores asfáltase a rúa Andrés Muruais logo de rematar as obras de saneamento

Pontevedra
19 de abril 2016

Os veciños que precisen achegarse até a rúa García Camba e Oliva poderán facelo pola rúa Oliva que cambiará de sentido de circulación por mor destas obras. Os tráficos estarán regulados por semáforos

Rúa Andrés Muruais
Rúa Andrés Muruais / Mónica Patxot - Arquivo

As obras de mellora dos servizos soterrados na rúa Andrés Muruais chegan este mércores ao seu fin. O día 20 de abril está previsto o asfaltado de toda a rúa, polo que será preciso pechala ao tráfico durante toda a xornada. 

Os veciños que precisen achegarse até a rúa García Camba e Oliva poderán facelo pola rúa Oliva que cambiará de sentido de circulación por mor destas obras. Os tráficos estarán regulados por semáforos. 

Cabe lembrar que o Concello executou nas pasadas semanas traballos de mellora do saneamento da rúa, uns traballos que resultaron moi complicados xa que no camiño atoparon un túnel soterrado que conectaba o antigo hospital da familia Poza co seu domicilio particular; terreo rochoso e tamén arenoso en distintos puntos que dificultaron bastante as obras. 

Agora chega ao remate coa reposición do pavimento. 

A Policía Local xa buzoneou toda a zona para avisar aos residentes e comerciantes das rúas afectadas por este peche.