Este mércores 13 de xullo iniciaranse os traballos de acondicionamento no aparcadoiro disuasorio fronte ao Pavillón Municipal dos Deportes.
Tal e como advirten numerosos valos instalados por todo este ámbito, a partir deste día estará prohibido aparcar nesta parcela, con capacidade para 275 vehículos.
Trátase dunha actuación que se debe realizar unha vez superado o inverno co obxectivo de nivelar o firme da parcela, propiedade de Costas, e aplicar unha nova capa de grava que elimine no posible os charcos que alí se forman.
Encargarase destes traballos a empresa E.C.Casas que o pasado mes de febreiro resultou adxudicataria do contrato de reparación e mantemento das vías públicas urbanas municipais por valor de 242.000 euros ao ano.
É un contrato que terá unha duración de 2 anos, máis a posibilidade dunha prórroga dun ano máis. O obxectivo é executar pequenas obras de reparación e mantemento das vías públicas municipais para resolver fochancas, reparacións de beirarrúas, entre outras deficiencias.