Este sábado haberá restricións na circulación e no estacionamento por mor da Pontevedra 4 Picos BTT

Pontevedra
10 de maio 2022

Por mor desta proba deportiva a Policía Local porá en marcha un dispositivo de seguridade que inclúe unha serie de restricións na circulación e no estacionamento de vehículos  

Policía Local de Pontevedra
Policía Local de Pontevedra / Cristina Saiz

O próximo 14 de maio, celebrarase a sétima edición da Pontevedra 4 Picos BTT, na que haberá competición individual, por parellas, equipos de tres e e-bike.

Por mor desta proba deportiva a Policía Local porá en marcha un dispositivo de seguridade que inclúe unha serie de restricións na circulación e no estacionamento de vehículos.

Así, quedará prohibido estacionar na rúa Alexandre Bóveda entre as 23:00 horas do venres 13 de maio, até ás 22:00 horas do sábado.

Doutra banda, estará prohibida a circulación na rúa Alexandre Bóveda e a Ponte dos Tirantes en ambos os dous sentidos entre as 6:00 horas e até as 22:00 horas do sábado.

A organización agarda bater récords de asistencia con máis dun milleiro de participantes escalando os esixentes cartro picos dos montes Xaxán, A Fracha, Castrove e O Pontillón.