Este xoves cambia de dirección un tramo da Avenida de Madrid

Sanxenxo
26 de febreiro 2020

O goberno local do Concello de Sanxenxo ten preparada a loxística para cambiar o tramo da avenida de Madrid entre as rúas Cesteiros e Constitución

Atasco en Sanxenxo
Atasco en Sanxenxo

O goberno local do Concello de Sanxenxo ten preparada a loxística para cambiar o tramo da avenida de Madrid entre as rúas Cesteiros e Constitución.

A partir deste xoves os condutores que saen do porto poderán circular dirección Pontevedra ata a rúa Constitución, de maneira que terán unha opción máis para chegar a rúa Progreso.

O tramo da avenida de Madrid desde o seu inicio ata a rúa Constitución manterase igual dirección Portonovo, para favorecer o acceso ao mercado aos vehículos que chegan pola estrada da Costa e aos que nun futuro utilizasen o aparcadoiro do novo mercado.

Os sinais verticais do tramo que cambia de dirección empezásense a colocar pola mañá, pero manteranse tapadas ata que se conclúa o pintado e secado da calzada.

Para o pintado dos sinais horizontais hai que cortar a avenida de Madrid á altura da rúa Constitución ata antes da rúa Cesteiros, desde as 15:30 ata as 21.00 horas, cando se abrirá ao tráfico este tramo da rúa, coa dirección cambiada.

SOLICITUDE DO PSOE

O grupo municipal do PSOE solicitou ao goberno local que restableza o sentido único de circulación na rúa Madrid, de Pontevedra cara Portonovo, para "poñer fin aos atascos e retencións" na rúa Madrid e Cesteiros.

O PSOE advirte que se non se recupera o sentido único, en Semana Santa vanse dar "problemas serios" na circulación e saída do núcleo urbano.