Este xoves pechará por obras a rúa Echegaray

Pontevedra
22 de xaneiro 2024

Segundo informa o Concello de Pontevedra, o horario do peche é de 9:15 a 13:30 horas e de 15:00 a 19:30 horas  

Rúa Echegaray
Rúa Echegaray / Diana Eiras

O vindeiro xoves, 25 de xaneiro, será pechada a rúa Echegaray.

O motivo deste corte da circulación son as obras que se están a acometer á altura do número 20 desta rúa.

Segundo informa o Concello de Pontevedra, o horario do peche é de 9:15 a 13:30 horas e de 15:00 a 19:30 horas. 

O peche de Echegaray estará sinalizado nas interseccións na dúas rotondas da rúa San Roque (en Corvaceiras e Paseo de Colón). Tamén haberá indicacións nas rúas Alameda e Xeneral Martitegui.

Estará permitido o acceso aos garaxes e a carga e descarga.