Estética e beleza inundan o Recinto Feiral na apertura de ExpoBeuty e Galicia Look & Fashion

Pontevedra
27 de setembro 2014

Pontevedra acollerá ata o luns 29 a segunda edición do salón de beleza cun intenso programa de actividades que inclúe o Campionato de Uñas ou a selección das candidatas que representarán a Galicia en Miss World Spain 2015

Inauguración do segundo salón ExpoBeauty
Inauguración do segundo salón ExpoBeauty / Diego Torrado

Expositores de marcas nacionais e internacionais, demostracións, presentacións de produtos ou espectáculos en vivo. Son algúns dos atractivos da segunda edición do salón de beleza ExpoBeaty e o congreso Galicia Look & Fashion, inaugurados este sábado no Recinto Feiral de Pontevedra.

Ata o luns 29 os visitantes ao recinto poderán gozar dun intenso programa de actividades que tamén inclúe un Campionato Nacional de Uñas ou a selección das candidatas que representarán a Galicia en Miss World Spain 2015, o sucesor do certame de Miss España.

Na súa segunda edición e con preto de 5.000 metros cadrados de expositores, ExpoBeauty aspira a converterse nun evento de referencia no sector da estética, peiteado e beleza no noroeste peninsular.

O propio salón define o seu obxectivo en "mostrar a todos os profesionais da beleza os adiantos en tratamentos, produtos capilares e faciais, así como as novas liñas de deseño para o salón ou centro de estética".