"Esto o fue un terremoto o los del AVE"

Pontevedra
28 de xaneiro 2013

As detonacións efectuadas nas obras do AVE causan gran balbordo na rúa Médico Ballina, en Lérez. Dous coches víronse afectados e, segundo as testemuñas, varias pedras chegaron a impactar cun edificio

Obras do AVE en Lérez
Obras do AVE en Lérez

Os veciños da rúa Médico Ballina, en Lérez, leváronse este luns un susto maiúsculo debido ás detonacións efectuadas nas obras da AVE a escasos metros das súas casas.

As explosións comezaron cara as 15:00 horas alertando aos habitantes próximos pola súa intensidade, como relata unha veciña da zona, "no era normal, hubo tres o cuatro explosiones, empezó a temblar el piso y pensé, esto o fue un terremoto o los del AVE".

Ata dous vehículos estacionados a pouca distancia das obras do túnel ferroviario víronse afectados e varios cascotes chegaron a caer na vía pública, segundo contan uns obreiros que se encontraban preto, "houbo pedras que chegaron a bater contra ou edificio".

A pesar da preocupación expresada polos residentes das vivendas próximas, que chegaron a chamar á Policía Nacional, as detonacións continuaron ao longo da tarde, aínda que xa con menor intensidade.