Estrea oficial para a senda peonil entre Vilaseca e Lapamán

Marín
27 de decembro 2019

Esta senda peonil, cuxas obras finalizaron recentemente, construíuse pola marxe dereita da estrada que une Marín con Bueu (PO-551) mediante un investimento autonómico de 750.000 euros

Alfonso Rueda e Ethel Vázquez visitan a nova senda peonil entre Vilaseca e Lapamán
Alfonso Rueda e Ethel Vázquez visitan a nova senda peonil entre Vilaseca e Lapamán / Xunta de Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, acompañados da alcaldesa de Marín, María Ramallo, supervisaron este venres a senda peonil entre Vilaseca e Lapamán, cuxa construción finalizou recentemente

Neste itinerario para peóns, que se construíu pola marxe dereita da estrada que une Marín con Bueu (PO-551), a Xunta de Galicia investiu 750.000 euros.

Executado en formigón colorado para que sexa facilmente visible por todos os usuarios, a senda conta cunha lonxitude de 1,5 quilómetros chegando á zona da praia.

A actuación inclúe unha pasarela de madeira ancorada á estrutura da ponte xa existente grazas á que se poderá salvar un pequeno arroio en condicións de seguridade, e tamén se habilitou unha banda de aparcamento en liña, nas proximidades do areal de Lapamán, paralela á estrada, co fin de facilitar o estacionamento na zona.   

A administración autonómica sinalou na visita que dará continuidade ao proxecto con outra actuación para a eliminación dun tramo de concentración de accidentes na estrada PO-551, en Bueu e Marín, cun orzamento de máis de 1,2 millóns de euros. Prevese que as obras desta nova fase póidanse contratar xa en xaneiro de 2020 ao dispoñer dos documentos técnicos e os fondos consignados.

Esta actuación consistirá na execución dun novo treito de senda peonil ata o acceso á praia de Lapamán, ademais de mellorar a actual intersección coa execución dunha glorieta.