Eucaliptos, pinos e xestas para embelecer a fábrica de ENCE

Pontevedra
19 de xullo 2013

Materia propia. Ese é o nome do proxecto arquitectónico que resultou vencedor no Concurso de Ideas a nivel de Anteproxecto para a Integración Arquitectónica e Paisaxística do Centro de Operacións de Ence en Lourizán. O xurado cre que este deseño, asinado polos arquitectos valencianos Marta Orts e Carlos Trullenque, é o que "mellor recolleu llos criterios e necesidades mencionados nas bases do concurso, resolvendo con claridade, de forma axeitada e sostible o obxectivo de integración da fábrica na paisaxe"

Materia prima. Anteproxecto gañador do concurso de ideas
Materia prima. Anteproxecto gañador do concurso de ideas

Materia propia. Ese é o nome do proxecto arquitectónico que resultou vencedor no Concurso de Ideas a nivel de Anteproxecto para a Integración Arquitectónica e Paisaxística do Centro de Operacións de Ence en Lourizán.

O xurado cre que este deseño, asinado polos arquitectos valencianos Marta Orts e Carlos Trullenque, é o que "mellor recolleu llos criterios e necesidades mencionados nas bases do concurso, resolvendo con claridade, de forma axeitada e sostible o obxectivo de integración da fábrica na paisaxe".

O proxecto arquitectónico desenvolverase sempre que as condicións administrativas o permitan, explicou o Director de ENCE Pontevedra, Antonio Casal.

Materia Propia propón unha importante masa vexetal que minora o tamaño da factoría e tamén se avoga por unha unificación do tratamento cromático. Para o xurado a dificultade está en plantar a gran masa de arboredo proposta en Ence. Concretamente propóñense especies como eucaliptos, piñeiros e xestas.

A proposta combina actuacións paisaxísticas e construtivas que afrontan o problema da integración dende unha perspectiva global que supera enfoques exclusivamente visuais, é unha "Inteligente simbiose entre o colector e o contido. O estudo da vexetación interior é de entre todas as propostas o máis fundamentado".

Antonio Casal, sinalou que é prematuro para fixar un presuposto co que custará desenvolver este deseño gañador, mesmo foi remiso a falar de prazos, pois dixo que estarán moi supeditados os tempos á redacción dun proxecto definitivo e sobre todo á obtención de todos os permisos necesarios.