Eucaristía e lambiscada para homenaxear os 68 anos de historia dos Misioneiros do Sagrado Corazón

Pontevedra
25 de xuño 2024

O acto está previsto para o venres 28 de xuño a partir das 19.30 horas na parroquia da Virxe do Camiño. O acto estará presidido polo Arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto

Arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto
Arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto / Pastoral de Santiago

Os Misioneiros do Sagrado Corazón anunciaban a finais de maio que, a partir do 1 de setembro, deixarán de xestionar o centro educativo pontevedrés, que eles puxeran en marcha en 1956 coa idea de promulgar a espiritualidade de Julio Chevalier.

Desde o equipo directivo do centro escolar anuncian, como despedida, a celebración dunha Eucaristía de Acción de Grazas dedicada a este colectivo. 

Será o venres 28 de xuño na parroquia da Virxe do Camino, a partir das 19.30 horas.

O acto estará presidido polo Arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto.

Ademais, está previsto que acudan Misioneiros do Sagrado Corazón procedentes de diferentes lugares da xeografía española.

Tras o acto relixioso, o equipo directivo anuncia tamén unha "sinxela lambiscada" no salón parroquial.

Sinalan que este evento é un agradecemento ao traballo realizado no campo educativo e evanxelizador desde este Colexio en colaboración con diversas institucións e persoas de Pontevedra.

O centro escolar, con 1.200 estudantes e noventa docentes, pasará o 1 de xuño a integrarse na Fundación Educativa Jesuitinas.