Evacúan en helicóptero unha persoa que se cortou cunha radial en Ons

Bueu
21 de maio 2023

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o ferido foi evacuado na aeronave medicalizada con base en Santiago ata o Hospital Montecelo. O 112 tivo coñecemento do sucedido a través da chamada de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 sobre as 13:30 horas desde domingo

Helicóptero de emerxencias
Helicóptero de emerxencias / Mónica Patxot

Unha persoa tivo que evacuada en helicóptero desde a illa de Ons este domingo despois de sufrir un corte cando estaba a manipular unha radial.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o ferido foi evacuado na aeronave medicalizada con base en Santiago ata o Hospital Montecelo.

O 112 tivo coñecemento do sucedido a través da chamada de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 sobre as 13:30 horas deste domingo.

Desde o 112 informouse a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes Garda Civil e da Policía Local de Bueu.

Á súa vez, alertouse ao persoal do Parque Nacional Illas Atlánticas.