O Concello de Barro e a Universidade de Vigo poñen en marcha o programa formativo 'Mareas de Coñecemento'.
Esta iniciativa, integrada dentro da oferta de extensión universitaria para maiores, consiste nun ciclo de catro seminarios gratuítos dirixidos á poboación de máis de 50 anos do municipio.
As sesións serán impartidas por docentes da Universidade de Vigo nas instalacións da Biblioteca Municipal de Barro. O calendario formativo estrutúrase do seguinte xeito:
-
5 de maio (16:30 h): Hábitos para unha mente saudable.
-
12 de maio (16:30 h): Prevención de caídas.
-
26 de maio (16:30 h): Técnicas de primeiros auxilios.
-
3 de xuño (16:30 h): Prevención de timos.
As xornadas de maio terán unha duración de tres horas, mentres que a última sesión de xuño durará dúas horas e media.
As persoas interesadas en participar deben realizar a súa inscrición na propia biblioteca municipal no seu horario habitual de apertura.
Para obter máis información, o Concello facilitou os números de teléfono 690 722 812 e 986 714 806.