Explorando os misterios dos petróglifos de Cuntis baixo as estrelas

Umia
11 de xullo 2025

O alcade Manuel Campos participou na iniciativa, que se repetirá ao longo deste verán. Salientou o gran de area que pon o Concello para manter as áreas arqueolóxicas durante todo o ano

Ruta Arqueolóxica en Cuntis
Ruta Arqueolóxica en Cuntis / Concello de Cuntis

A área arqueolóxica de A Ran, en Cuntis, foi escenario este xoves dunha ruta nocturna chea de maxia e historia.

Trátase dunha actividade organizada polo Concello de Cuntis que tivo como guías a Fran Ameixeiras e Cris de Catoira e permitiu "explorar os misterios dos petróglifos baixo o manto estrelado".

Desde a organizacióin destacan que foi unha experiencia "inesquecible" nunha área "fascinante", pois "descubrir a arte rupestre á luz da noite engade unha dimensión totalmente nova e evocadora".

"Foi unha experiencia verdadeiramente máxica, onde as historias ancestrais cobraron vida grazas ás súas apaixonadas explicacións", sinala o Concello.

O alcade, Manuel Campos, participou nesta iniciativa, que se repetirá ao longo deste verán.

Campos salientou o "pequeno gran de area" que pon o Concello de Cuntis para manter estas áreas arqueolóxicas durante todo o ano.

Desde a organización destacan que con esta ruta "sentímonos transportados no tempo, conectando coas xeracións que nos precederon e deixaron a súa pegada nestas rochas milenarias".

Consideran que, con esta actividade, "unha vez máis, queda demostrado o incrible patrimonio que temos en Galicia".